lunes 9 de noviembre de 2009

Organización do equipo ante o Santiso


Terremoto de novo pero desta vez na casa.

O primeiro dos temblores notouse a tan só 10 minutos do comezo, un dos xogadores do Santiso empalma unha volea que se estrela no longueiro
e coa mala sorte de petar na espalda de Jose o esférico cólase entre as redes.

O segundo gol, minuto 25 cesión de Charly a Jose. Aproveitan a irregularidade do campo os de Santiso para subir o marcador outro tanto.

Pero antes de voltar ó descanso Dani remata a gol coseguindo algo de alivio para os do Gresande.

Coas ideas renovadas na segunda metade o Gresande sae a recuperar o partido. E non se fixo tardar o empate xegou a poucos minutos de escomenzar a man de Gamallo e un excelente centro que colaca Andrés

O Gresande inconforme co empate decide ir a polos tres puntos cunha defensa unicamenete formada por Iago-Luis-Martín.

Nada facía presaxiar que no minuto 90 un mal entendemento defensivo, favorecese ós visitantes, cun gol que tiña demasiado valor psicolóxico para os de Santiso.

Nada puido facer o Gresande e os tres puntos lévaos o Santiso.

martes 3 de noviembre de 2009

Resumo da temporada ata este domingo 1 de novembro.



lunes 2 de noviembre de 2009

Organización do equipo ante o Prevediños


Cataclismo en Prevediños.

Derrota do Atlético de Gresande ante un Prevediños que suma a súa primeira victoria da temporada.

Nada facía presaxiar este resultado, observando o historial do Gresande durante este comezo de temporada.
Os pupilos do Prevediños a10 minutos do comezo, aproveitan un despiste na defensa para facer o primeiro tanto, un xarro de auga fría que faría ós xogadores do Gresande entrar en partido.
Así foi, os 25 minutos Dani e tamén os 30 a remontada fixose efectiva, e pouco durou a ilusión do gol tempraneiro do Prevediños. 6 goles que leva Dani en só 5 partidos.

Pero sería o Prevediños quen no minuto 40, a pouco de se cumprir a primeira parte, lograría o empate.
A segunda metade resúmese nun cúmulo de estrago de oportunidades do equipo visitante, sen embargo o Prevediños non perdonou e anotou 2 goles máis, un de falta e outro de penalti, afundindo os de Barcia nun derrota moi dolorosa.

Animos para un Gresande que quizais pecou de confianza, pero.....
¡quen dixo ser perfecto sin aprender dos erros!.

domingo 25 de octubre de 2009

Este foi o plantexamente no Agro de Batán (Balouta)


De camiño ó primeiro posto na liga

Atl.Balouta 1- 2 Atl. Gresande.
Dous goles suben a conta de Carlos García , este xogador que ven de sufrir lesións varias durante estes anos resurgiu para formar parte xunto co seu irman Dani dos máximos goleadores neste Atl. de sangue nova.
7 goles suman os irmáns, en 4 partidos. Promete ser máis amplio o seu palmarés.
Destacar o 2º dos goles lanzado de falta directa, nada podía facer o gardamallas local por atallalo.

Boa tarde de fútbol, que soubo rentabilizar o equipo visitante no Agro de Batán. A pesares das choivas o campo mostrábase en condicións decentes inda que por suposto mellorables para disfrutar dunha tarde de futbol. 3 puntos máis que lle permite escalar postos na clasificación.

A afición disfrutou co Gresande, que chegou o descanso con empate. Pero non aceptou este resultando e saíndo a por a victoria, facendo xustiza no esforzo feito polos visitantes.

Sen dúbida o xogador do partido, Carlos